Crónica del sur de Lugo

Os 6 GDR da provincia de Lugo xestionarán preto de 3 millóns ata finais de 2018

Intervención da conselleira de Medio Rural no seminario Desenvolvemento Rural Leader, celebrado en Lugo a finais do mes pasado. GPXG

Así o anunciou a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, na clausura dun seminario sobre Desenvolvemento Rural Leader, celebrado na capital lucense a finais do mes pasado. Con esta data, levábanse aprobados un total de 50 proxectos con cargo a estes fondos. As iniciativas, que xa contan co visto bo dos GDR lucenses, están relacionadas co sector agrícola e forestal, servizos sociais, promoción empresarial e aspectos de promoción cultural e turística. Vázquez apuntou que está previsto aprobar máis proxectos nos vindeiros meses.
A conselleira salientou que o obxectivo do programa europeo Desenvolvemento Rural Leader é que o agro se perciba como unha “oportunidade real de vida e de emprendemento”. Vázquez salientou que, nesta liña, o Leader supón “unha ferramenta básica” para dinamizar o rural, facilitar o acceso das mulleres á vida laboral, co conseguinte paso adiante na igualdade de xéneros.  Neste sentido, a conselleira apuntou o feito de que o programa europeo teña en conta especialmente aos proxectos que primen a conciliación da vida familiar e laboral. Vázquez salientou o bo número de iniciativas do Leader para ofrecer servizos de garderías ou de centros de día no rural, cos que mellorar a calidade de vida dos seus habitantes.•

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio