Crónica del sur de Lugo

As parroquias de San Xoán de Loio e Cortes contarán cun novo sistema de abastecemento

•A Xunta licitou a principios de outubro as obras en Paradela por 350.000 euros

Visita de Balseiro á contorna das parroquias de San Xoán de Loio e Cortes, en Paradela, a comezos deste mes. O delegado deu a coñecer aos veciños os detalles das obras na rede de auga potable. GPDTL
• A Xunta desenvolverá unha nova acción para mellorar os servizos no rural lucense, neste caso na rede de auga potable de dúas parroquias de Paradela. Segundo explicou o delegado do Executivo galego en Lugo, José Manuel Balseiro, a Xunta licitou a principios de outubro as obras de construción da rede de abastecemento para as parroquias de San Xoán de Loio e Cortes, ademais dunha nova potabilizadora.
O delegado, que estivo acompañado polo alcalde de Paradela, José Manuel Mato, lembrou que estas obras van mellorar a calidade de vida dos preto de 200 veciños que residen nesta zona.
EXECUTARASE UNHA NOVA REDE, CON CAPTACIÓN NO LOIO E POTABILIZADORA
As obras, ás que a Xunta destina 350.000 euros, inclúen a construción dunha rede de 6.500 metros de lonxitude, entre o colector principal e os secundarios, ademais dunha nova captación de auga no río Loio. O proxecto inclúe unha nova estación de tratamento de auga potable xunto ao depósito actual.
SERVIZO A FOGARES E A EXPLOTACIÓNS GANDEIRAS
Balseiro salientou que estas actuacións permitirán levar a canalización de auga potable aos núcleos de Tellada, Parrocha, As Cortes, Vilachá, Pacios e Loio, algúns dos cales non contaban con este servizo, e noutros o abastecemento presentaba frecuentes problemas. Ademais, a nova rede dará servizo ás explotacións gandeiras que, segundo datos aportados pola Consellería de Medio Rural, suman máis de 40 cabezas de gando ovino, 536 de bovino, e 499 de porcino na zona. •
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio