A Deputación cede tres instrumentos para a exposición “Pergamiño Vindel, un tesouro en sete cantigas”

•Pertencen á colección de instrumentos musicais e obxectos sonoros do Centro de Artesanía e Deseño

A deputada de Cultura, Pilar García Porto, na inauguración da mostra xunto aos instrumentos cedidos polo CENTRAD. GPDL

• O Museo do Mar de Galicia, en Vigo, acolle ata o 4 de marzo de 2018 a exposición “Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas”. Esta mostra supón a primeira exposición pública desta peza manuscrita que recolle as sete cantigas compostas polo trobador Martín Códax, xunto á notación musical de seis delas.  O Pergamiño Vindel, datado no terceiro terzo do século XIII, é propiedade da Morgan Library & Museum de Nova York.
Na exposición amósanse máis de 50 elementos de diversa natureza, entre os que destacan os tres instrumentos cedidos pola Deputación. Unha cítola, unha viola de brazo e unha arpa de madeira son os tres obxectos presentes na mostra  que forman parte da Colección do Centro de Artesanía e Deseño. Os instrumentos contribúen a recrear a atmósfera na que se compuxeron as cantigas de Martín Códax.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Inaugurada en Monforte a exposición “Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Mathilda Anderson en Galicia”

Seguinte Nova

Preto de 5.500 persoas visitaron a VIII Edición de Artistas e Artesáns da Comarca de Sarria no Camiño

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: