12 medallas para os deportistas do Neka no Open de Ribeira de Taekwondo

Álex Camba logrou a medalla de ouro individual na categoría senior 1. (Foto cedida).
Iria de la Fuente e Gael Trujillo acadaron un ouro na modalidade parella cadete, no Open de Ribeira celebrado os días 14 e 15 de outubro.
(Foto cedida).
• O ximnasio Neka de Monforte está a iniciar o curso con resultados importantes en competición. Os días 14 e 15 de outubro, o club participou no Open de Ribeira de técnica cunha representación de 17 deportistas, que sumaron un total de 12 medallas.
MEDALLISTAS EN RIBEIRA
En modalidade individual, conseguiron medalla de ouro Iria de la Fuente en cadete adulto, Karla Novo en alevín, e Álex Camba en senior 1. Tamén sumaron un ouro Iria de la Fuente e Gael Trujillo en parella cadete.
Foron medalla de prata individual na proba de Ribeira Daniel Areán en alevín, Carlos Rey e Yasmín Rodríguez en junior, e Carla Pardo en alevín. Na modalidade de parella, acadaron a prata Yasmin Rodríguez e Anxo Díaz en junior.
Ademais, houbo tres bronces para o Neka, conseguidos por Gael Trujillo en cadete adulto, José Roca en junior, e Aitor Teijeiro en benxamín.
NEKA, SEGUNDO NA XERAL
Con estes resultados, o ximnasio Neka logrou o segundo posto na clasificación xeral por equipos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Doble sesión formativa de baloncesto de alto nivel en Sarria

Seguinte Nova

Inaugurada en Monforte a exposición “Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Mathilda Anderson en Galicia”

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: