Crónica del sur de Lugo

Representantes da Federación de Ateneos de Cataluña visitaron o Círculo Saviñao

A delegación da Federación catalana foi recibida en Escairón por Enrique Sampil, presidente da Federación Galega de Círculos e Casinos Culturais, e polos membros da directiva do Círculo Saviñao.CS

•  O pasado 13 de outubro, o Círculo Saviñao acolleu unha recepción aos 14 delegados da Federación de Ateneos de Cataluña, presidida por Salvador Casals.
Os directivos foron recibidos por Enrique Sampil, presidente da Federación Galega de Círculos e Casinos Culturais, e polos membros da directiva do Círculo Saviñao. O encontro serviu para compartir experiencias de xestión e iniciativas para dinamizar este tipo de colectivos.
A xornada completouse cunha visita á capitalidade do municipio de O Saviñao. De seguido, o grupo continuou a súa visita por diversas sociedades recreativas da nosa Comunidade, como a de Santiago, Ourense ou Ferrol.•

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio