Máis de 150 persoas participaron no I Foro do Tenis Galego en Lugo

•O evento contou coa presenza de Alberto Berasategui, Javier Sánchez Vicario e Ángel Ruiz Cotorro, xefe dos servizos médicos da Federación Española e médico de Rafael Nadal

Imaxe da inauguración do I Foro do Tenis Galego no Pazo de San Marcos, en Lugo, o pasado 14 de outubro. GPDL

• A provincia de Lugo acolleu por vez primeira o Foro do Tenis Galego, nun acto celebrado na capitalidade provincial o pasado 14 de outubro. O Foro, organizado pola Deputación de Lugo a través da Federación Galega de Tenis, contou tamén coa colaboración do Concello. O organismo provincial financiou integramente este evento, cunha achega de 3.000 euros.
PONENCIAS E EXHIBICIÓN DE TENIS
Segundo explicaron dende a organización, no Foro participaron máis de 150 persoas de toda a provincia, que puideron asistir gratuitamente ás ponencias desenvolvidas por profesionais de primeiro nivel do mundo do tenis. Os ex xogadores Alberto Berasategui, Javier Sánchez Vicario ou Óscar Burrieza tomaron parte no Foro lucense, así como Ángel Ruiz Cotorro, xefe dos servizos médicos da Real Federación Española de Tenis e médico persoal de Rafael Nadal. Logo de rematar o ciclo de ponencias, tivo lugar unha serie de exhibicións de tenis no Club Deportivo D10, a cargo de destacados deportistas de proxección internacional.
Durante a inauguración do I Foro do Tenis Galego, o presidente da Deputación, Darío Campos, destacou a «importante canteira» que está a xermolar na provincia, grazas ao labor dos 15 clubs de tenis lucenses. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte mobilizouse para defender a súa Área Sanitaria

Seguinte Nova

Sober e Monforte foron saída e meta da V Marcha Ciclista Unificada de Special Olympics

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: