Crónica del sur de Lugo

O vencedor do VI Volante Deputación participará no Rally San Froilán

O deputado de Turismo, na foto de grupo cos primeiros clasificados na fase de competición do VI Volante Deputación, o 1 de outubro na Pastoriza. GPDL

• O primeiro de outubro, tivo lugar no circuíto da Pastoriza a proba final da fase de competición do VI Volante Deputación, unha iniciativa que combina a formación co reto competitivo.
Na xornada, Rubén Sánchez Agruña foi o primeiro clasificado, o que lle permitirá debutar de xeito gratuíto no Rally San Froilán, dentro do equipo de competición PTC Escuela, pilotando un Suzuki Swift Sport. A proba serviu de homenaxe a Antonio Pérez Montecelo, director de carreira da Escudería Miño e presidente do Club de Triatlón Cidade de Lugo, falecido en xaneiro deste ano.
O VI Volante Deputación contou con 185 pilotos afeccionados de toda a provincia. Logo de recibir sesións formativas sobre condución, tomaron parte nunha proba cronometrada, na que se seleccionaron os tres finalistas. •

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir a Inicio