Crónica del sur de Lugo

“Ilusionante” comezo de liga para o Quiroga FC

Os de Quiroga comezaron a liga con dúas vitorias, un empate e unha derrota na cuarta xornada, na que os do Courel cederon o liderato diante do Sober. (Foto: Quiroga FC.)
• A liga preséntase favorable para o Quiroga FC, que vén de protagonizar un “ilusionante” arranque en competición, segundo os responsables desta entidade.
Os quirogueses lograron o liderato da táboa na terceira xornada, logo de sumar dúas vitorias e un empate, destacando a excepcional goleada fronte ao Becerreá na casa, con goles de Andrés e Choco no primeiro tempo, e de Álex, Marcos, Jose e Juanmi no segundo periodo.
Na segunda xornada, anotaron o empate co Río Sil os quirogueses Marcos, de falta, e o xuvenil Brian.
O QUIROGA, SEGUNDO DA TÁBOA NA CUARTA XORNADA
No encontro fronte ao Paradela, os dous goles de Jose e o tanto de Oli a cinco minutos do final levaron ao Quiroga ao máis alto da táboa, posición que vén de ceder por un punto ao Sober, trala derrota dos quirogueses fronte ao Taboada por 3-2. Aínda que os de Andrés Novoa abriron o marcador cun tanto de Marcos e parecían apuntalar o encontro con outro gol de Christian, os tres goles do Taboada no último tramo do partido deron a vitoria aos locais.•
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir a Inicio