Crónica del sur de Lugo

Piden o desvío da A-76 pola Gudiña para preservar o entorno de Montefurado

Profesionais e colectivos cidadáns están a alertar sobre a vulnerabilidade do túnel romano de Montefurado e a súa contorna. Arquivo EC
•A finais de setembro, a Asociación Boca do Monte de Anguieiros fixo público un comunicado pedindo o desvío pola Gudiña do futuro trazado da A-76, para evitar que este vial trascorra “a escasos metros” do túnel de Montefurado.
ALERTAS XA EMITIDAS POR PROFESIONAIS E INSTITUCIÓNS
Este colectivo basea a súa reclamación en diversos testimonios de profesionais e institucións, que levan tempo alertando do estado de deterioro do túnel romano. No seu comunicado, os representantes da Asociación Boca do Monte citan o aviso de derrumbe desta histórica infraestrutura emitido hai uns meses por Miguel Llorente Isidro, xefe en Galicia do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España, e recollido polo propio Concello de Quiroga na súa petición á Xunta de Galicia para pedir axuda. O consistorio quirogués solicitou a Patrimonio o inicio de traballos para estudar e avaliar os riscos de destrución que poden pesar sobre esta xoia do patrimonio paisaxístico e monumental.
A Asociación quiroguesa xustifica a súa petición no perigo que suporía para a estabilidade e permanencia da estrutura de Montefurado a construción da A-76 “a 100 metros do túnel romano, coas voaduras, os explosivos, as obras e a presión do tráfico”, actuacións que serían, segundo este colectivo, “a puntilla definitiva” para a desaparición do túnel.
ALTERNATIVA MÁIS ECONÓMICA E RESPECTUOSA
Dende Boca do Monte avisan de que os estudos sobre os tramos máis cercanos á zona xa están “moi avanzados”, polo que instan ás institucións responsables a ter en conta unha alternativa xa apuntada por varios colectivos, como a Federación Leonesa de Empresarios. Segundo explican dende a asociación quiroguesa, a alternativa plantea un trazado dende Ponferrada ata A Rúa de Valdeorras, e que dende alí enlace na Gudiña coa A-52. Este colectivo xustifica esta opción nas súas vantaxes para os usuarios, como a rapidez ou a conexión do Bierzo e Valdeorras coa estación do AVE na Gudiña, e para as institucións, polo considerable aforro no investimento. Ademais, esta alternativa sería a máis respectuosa coa paisaxe natural e material da Ribeira Sacra. •
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio