O Concello de Pantón ofrece actividades de outono para todas as idades

O Edificio Sociocultural de Ferreira actúa como centro principal das actividades que ofrece o Concello de Pantón para os vindeiros meses. Arquivo EC
• O outono comeza en Pantón cun programa de actividades para nenos e adultos, organizado polo Concello coa colaboración da Deputación de Lugo.
LUNS ACTIVOS PARA NENOS
Para os máis cativos, inícianse os Luns Activos, abertos a nenos e nenas de 3 a 12 anos que estean empadroados no municipio.
PROGRAMA PARA ADULTOS
Os adultos contarán cunha ampla programación, que engloba actividades formativas, de benestar e de dinamización. Os Luns Activos para adultos non teñen límite de idade, e ofrecen sesións de lecto-escritura e habilidades cognitivas.
OCIO SAUDABLE
Tamén co obxectivo de fomentar o ocio saudable, o Concello de Pantón organiza unha actividade de ximnasia de mantemento. As sesións iniciaranse o 10 de outubro, e desenvolveranse os martes e xoves de 18,30 a 19,30 horas. O prezo é de 8 euros ao mes. O mesmo importe aplícase á actividade de aerobic, que ofrecerá dende o día 10 deste mes unha mistura de aerobic, zumba e tonificación. As sesións desta actividade terán lugar os martes e xoves de 20 a 21 horas.
OBRADOIROS FORMATIVOS
O Concello de Pantón ofrece para todas as idades un obradoiro de fotografía, os días 27 e 28 de outubro, e o 3, 4, 10, 11, 17 e 18 de novembro, con horario pendente de confirmación. Os participantes deberán levar a súa propia cámara.
A programación complétase cun obradoiro de cestería, do 17 ao 20 de outubro, e do 24 ao 27 deste mesmo mes. A actividade require que os participantes merquen cadanseus materiais. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello de Monforte anuncia máis melloras en rúas e pistas rurais por preto de 400.000 euros

Seguinte Nova

Máis de 100 participantes no I Trail Galaica Ribeira Sacra de Pantón

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

A %d blogueros les gusta esto: