Crónica del sur de Lugo

17 axentes de viaxe visitaron a Ribeira Sacra da man do Consorcio de Turismo

Imaxe dos profesionais turísticos que participaron na visita á Ribeira Sacra, organizada polo Consorcio. CTRS
• O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra continúa coa axenda de actividades promocionais de cara aos profesionais do turismo. Aproveitando a presencia da entidade na 17ª Feira Internacional de Turismo Termal, Salud y Bienestar Termatalia 2017, celebrada en Ourense os días 21 e 22 de setembro, os responsables do Consorcio invitaron a 19 axentes de viaxes a unha visita guiada pola Ribeira Sacra.
VIÑO, GASTRONOMÍA, ROMÁNICO E RUTA FLUVIAL
Estes profesionais puideron coñecer de primeira man, acompañados por guías especializados, diversos puntos deste territorio. O itinerario incluiu unha aproximación ao románico de Pantón e unha visita a unha adega de Amandi con degustación de viños, así como un xantar con produtos típicos. A xornada completouse cunha travesía en catamarán, organizada pola Deputación de Lugo, e acceso ás instalacións do Balneario Oca Augas Santas.
O Consorcio de Turismo integrou esta visita dentro da súa actividade promocional na feira Termatalia 2017, na que participaron 260 expositores e visitantes profesionais de 40 países.•

•O Consorcio asina un convenio para poñer en valor os esgrafiados da Ribeira Sacra

• A protección e posta en valor dos esgrafiados é o obxectivo do proxecto que vai desenvolver o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, aprobado no último Pleno da entidade, e que se financiará cos preto de 42.000 euros do convenio asinado con Turismo de Galicia.
Segundo explicaron dende o Consorcio, esta idea xurdiu da ampliación do proxecto muralístico “Un toque de cor na Ribeira Sacra”, que se vén desenvolvendo nos concellos vinculados a este organismo supramunicipal, para recuperar fachadas en espazos públicos con creacións gráficas vinculadas á iconografía destas terras. A nova iniciativa pretende conxugar o embelecemento dos espazos a través de técnicas modernas coas tradicionais aportacións dos esgrafiados.
Este proxecto implicará o estudo e publicación dunha guía dixital sobre os esgrafiados na Ribeira Sacra, zona que presenta a maior concentración deste ornamento en Galicia. Os esgrafiados son adornos a base de cintas ornamentais nas fachadas de cachotería ou perpiaño, ou ben un revocado con elementos artísticos, empregando o cal como material predominante.
Tamén está prevista a recuperación dos esgrafiados existentes, a creación doutros novos, así como a realización de novos murais a cargo de artistas internacionais, e encontros con creadores locais. Todo isto, dentro dun programa de obradoiros e actividades divulgativas en torno a estes elementos.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio