A Xunta financiou con 22.000 obras de mellora na estrada LU-146 en Bóveda

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, acompañou ao delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, para supervisar os traballos no vial que discorre polo barrio de Ver. GPXG
• A mediados do mes pasado, quedaban completados os traballos de mellora do firme da estrada LU-146, ao seu paso polo barrio de Ver, no municipio de Bóveda.
DENTRO DO PLAN DE CONSERVACIÓN DE ESTRADAS DE GALICIA
As obras neste vial, de titularidade autonómica, contaron cunha dotación de 22.000 euros aportada pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas. Segundo precisou o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, na súa visita a Bóveda o pasado mes, estes traballos forman parte do plan de conservación de estradas da rede autonómica de Galicia.
OBRA MOI DEMANDADA POLOS VECIÑOS DO BARRIO DE VER
Os traballos consistiron na rexeneración do pavimento ao longo dun quilómetro de vial. Balseiro, que estivo acompañado polo alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, salientou que esta actuación é unha obra moi demandada polos veciños do barrio de Ver, posto que a LU-146 é a estrada de comunicación entre esta zona do municipio e a capitalidade.
O delegado autonómico en Lugo lembrou que o Executivo galego segue a traballar para manter a rede autonómica de estradas “en óptimas condicións”. O obxectivo destas actuacións é incrementar a seguridade viaria e mellorar a calidade de vida da veciñanza.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Obradoiros gratuítos de graffiti, breakdance ou parkour en Bóveda para a mocidade a partir de 12 anos

Seguinte Nova

Preto de 600.000 euros de investimento provincial en Bóveda nun ano

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: