Crónica del sur de Lugo

Acordo entre Medio Rural e o Concello de Monforte para financiar melloras en accesos

•A conselleira e o alcalde asinarán un convenio para acondicionar as pistas dos viñedos afectados polas tormentas do verán, entre outras accións

A reunión entre a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Monforte, José Tomé, tivo lugar en Santiago o 3 de outubro. GPXG
•A Consellería de Medio Rural e o Concello de Monforte asinarán un convenio para acometer diversas melloras nas infraestruturas do rural. Este acordo foi resultado da reunión mantida pola titular autonómica, Ángeles Vázquez, e o rexedor monfortino, José Tomé, o pasado 3 de outubro en Santiago.
MELLORA DAS COMUNICACIÓNS NO RURAL DE MONFORTE
Neste encontro, que o alcalde valorou como “moi cordial e positivo”, analizaron a situación do agro en xeral, con especial atención ás necesidades deste municipio. Tomé trasladou á conselleira as prioridades que, neste momento, están sobre a mesa do Consistorio en materias como as comunicacións rurais, ou os servizos “que poden ser atendidos dende esta Consellería”.
Neste sentido, o alcalde explicou que o Concello vai redactar unha memoria, dirixida a Medio Rural, para asinar o convenio acordado, vinculado ás infraestruturas rurais.
En concreto, Tomé adiantou que se van incluír nesta memoria diversas actuacións para acondicionar a zona de viñedos afectada polas tormentas deste verán. Estas inclemencias deixaron importantes danos en zonas vitícolas da parroquia de Marcelle, na zona do mirador do Duque e de San Pedro de Baños. O documento tamén fará referencia a outras actuacións “que o Concello considere de interese”. O alcalde salientou que estas accións buscan “consolidar estes viais dun xeito máis estable”, para evitar futuros danos por fenómenos atmosféricos nos camiños “que prestan servizo aos viticultores”.
PRAZOS DE ACCIÓN
O alcalde prevé que, logo da tramitación correspondiente, as obras poderán executarse na primavera de 2018.
Na reunión, ambas partes acordaron que o Concello disporá en 2018 de máis medios para acometer o desbroce dos camiños rurais.•
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir a Inicio