Crónica del sur de Lugo

A XVI Volta Ciclista a Galicia reuniu en Monforte a 300 corredores nas dúas primeiras etapas

Monforte foi saída e chegada da 2ª etapa, de 143,1 quilómetros, o 15 de setembro, cun percorrido por Pantón, O Saviñao, Chantada, Taboada, O Incio e Bóveda. (Foto: MONTERO).
A XVI Volta a Galicia arrancou o 14 de setembro cunha contrarreloxo por equipos ao longo do municipio de Monforte, na que participaron 18 formacións de España, Portugal e Francia. EC
Corte da cinta da 2ª etapa da XVI Volta a Galicia para ciclistas Elite e Sub 23, que percorreu as comarcas de Lemos e Chantada o 15 de setembro. GPCM
O alcalde de Monforte, José Tomé, e o deputado de Deportes, Pablo Rivera, na entrega dos premios ao gañadores da 2ª etapa. O Concello financiou a etapa inicial con 4.000 euros, e a Deputación achegou 12.000 euros para a segunda. GPDL
Segundo os datos de edicións anteriores, ofrecidos polos patrocinadores institucionais, a XVI Volta a Galicia supuxo un retorno económico total estimado de 60.000 euros para a comarca. EC
Na saída da primeira etapa da Volta, membros da Xunta de Persoal do Hospital de Monforte e da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública quixeron dar visibilidade á súa reivindicación contra a supresión da área sanitaria de Monforte. EC

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir a Inicio