Artesanía para unir camiños entre Sarria e Xapón

•A VIII Edición de Artistas e Artesáns da Comarca de Sarria no Camiño adica un espazo á ruta de peregrinaxe nipona Shikoku Henro

•O trazado Sarria-Compostela ten unha distancia similar ao mínimo esixido na ruta nipona

Unha axenda de credenciais da ruta Shikoku Henro, que inclúe ilustracións feitas a man dos 88 templos da ruta, e os selos correspondentes a cada etapa, pode verse na exposición de Sarria. EC

•A Asociación xaponesa traerá, nos vindeiros 10 anos, grupos de universitarios a Sarria, que divulgarán o itinerario de Shikoku con actividades nas principais vilas deste tramo

Mostra de diversos documentos que acreditan o paso dos peregrinos do camiño Shikoku Henro por cada un dos templos, así como as veces que se teñen realizado os diversos tramos. EC
O camiño Shikoku Henro suma un total de 1.200 quilómetros ao longo de 88 templos ou lugares sagrados. A exposición de Sarria ofrece información sobre a historia e as características deste milenario roteiro de peregrinación budista. EC

• Ata o 22 de outubro pode verse no espazo expositivo da antiga Prisión Comarcal de Sarria a VIII Edición de Artistas e Artesáns da Comarca de Sarria no Camiño, unha mostra que reúne preto de 300 obras de 70 creadores. Ademais de dar a coñecer aos peregrinos a singularidade da arte e da artesanía destas terras, a presente edición da mostra aproveita a natureza integradora do Camiño para unir Oriente e Occidente.
En virtude dun convenio entre a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola Comarca de Sarria e a Asociación Camino Shikoku Henro, a exposición acolle un espazo sobre esta ruta budista do Xapón. O interese do presidente da Asociación nipona levouno a convocar, hai uns meses, unha viaxe a Sarria con empresarios xaponeses, que puideron coñecer in situ as características dos albergues do Camiño, e así incorporar a súa funcionalidade á ruta de Shikoku. Esta curiosidade empresarial está vinculada á afinidade cultural, xa que a distancia entre Sarria e Compostela é similar ao trazado mínimo esixido no Shikoku Henro. Sobre este vínculo, estableceuse o compromiso entre a Asociación sarriana e a nipona para un proxecto a 10 anos, durante os cales grupos de universitarios xaponeses realizarán o Camiño dende Sarria. Ademais, estes peregrinos ofrecerán charlas divulgativas sobre a ruta nipona nas principais vilas deste tramo xacobeo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello de Bóveda ofrece un amplo programa de actividades dende outubro

Seguinte Nova

A XVI Volta Ciclista a Galicia reuniu en Monforte a 300 corredores nas dúas primeiras etapas

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: