Crónica del sur de Lugo

En marcha ata o 17 de decembro a 11ª edición do Outono Gastronómico

A directora de Turismo de Galicia na presentación do 11º Outono Gastronómico, o 8 de setembro. GPXG
•Dende o 15 de setembro e ata o 17 de decembro, está en marcha a edición número once do Outono Gastronómico. Esta iniciativa, impulsada por Turismo de Galicia, ofrece unha oferta combinada de restauración e aloxamento con prezos especiais en preto de 90 establecementos de turismo rural, 20 deles na provincia de Lugo.
PARA TURISTAS DE FÓRA PERO TAMÉN ORIENTADO AOS GALEGOS
O Outono Gastronómico supón unha “excelente oportunidade” para atraer turistas de fóra da nosa Comunidade, segundo explicou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, quen suliñou as posibilidades deste programa para que “os propios galegos poidan descubrir e gozar de paisaxes e comarcas que aínda non coñecen”.
OPCIÓNS PENSADAS PARA TODAS AS NECESIDADES
Os establecementos participantes ofrecen dous menús diferentes e específicos desta edición, elaborados con produtos galegos de calidade. Os visitantes poderán escoller unha opción sen pernoita, ou os paquetes de gastronomía e estancia de unha ou dúas noites, así como a opción familiar de gastronomía e estancia de dúas noites con nenos. Todos os paquetes preséntanse en habitación dobre ou individual, con prezos entre os 30 e os 300 euros.
A traxectoria do Outono Gastronómico leva rexistrados preto de 57.000 visitantes, 4.000 deles na edición do pasado ano.•
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio