Convenio entre Concello, Abanca e Afundación para ver en Monforte a exposición fotográfica de Ruth Mathilda Anderson sobre a Galicia dos anos 20

•A exposición amosa as fotografías realizadas por esta prestixiosa fotógrafa estadounidense no seu percorrido pola Galicia profunda dos anos 20
•As fotografías son o resultado do encargo feito a Anderson pola Hispanic Society de Nova York, para retratar os costumes das xentes de Galicia
•»Unha mirada de antano. Fotografías de Ruth Mathilda Anderson en Galicia» poderá verse do 11 de outubro ao 5 de novembro no Espazo +60 Afundación, na rúa Cardeal de Monforte de Lemos

A sinatura do convenio de colaboración entre o Concello de Monforte, Abanca e Afundación tivo lugar na Casa Consistorial monfortina o 12 de setembro. GPCM

•A mediados de setembro,  quedou asinado en Monforte o convenio de colaboración entre o Concello, Abanca e Afundación que permitirá traer á cidade do Cabe a prestixiosa exposición «Unha mirada de antano. Fotografías de Ruth Mathilda Anderson en Galicia». Na sinatura do convenio participaron o alcalde de Monforte, José Tomé, a coordinadora institucional de Afundación para Lugo e Ourense, Beatriz Fernández-Anguiano, e o director de zona de Abanca, Óscar Rodríguez Manso.
MONFORTE, DENTRO DO PROXECTO «CORRENTE CULTURAL»
A iniciativa forma parte do proxecto Corrente Cultural, desenvolvido por Abanca e Afundación, que ten como obxectivo difundir a cultura por toda Galicia e os seus municipios, máis alá das sedes institucionais deste organismo, situadas nas grandes cidades. Os eventos que integran este proxecto contan cunha produción de nivel, ademais de estar vinculado coas tradicións e a historia de Galicia. Segundo explicou o alcalde, o evento suporá unha «oportunidade excepcional» de achegarse a esta colección de fotografías, que pertencen ao fondo gráfico da Hispanic Society de Nova York, «e que na maioría das ocasións só pode verse nas grandes cidades».
A colección que se amosará en Monforte está integrada por 70 imaxes, tomadas pola fotógrafa investigadora da Hispanic Society nas campañas que realizou por Galicia dende 1924 a 1926, para incorporalas ao arquivo fotográfico da institución sobre a arte e a cultura do mundo hispánico. Anderson soubo recoller coa súa cámara as primeiras imaxes fotográficas da vida das xentes de Galicia, sobre todo das que habitaban en zonas de difícil acceso.
A exposición, que vén de realizar un percorrido itinerante polas localidades de Vilagarcía de Arousa, Rianxo, Ribadeo e Lalín, poderá verse no Espazo +60 de Afundación en Monforte de Lemos do 11 de outubro ata o 5 de novembro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Visita institucional á vendima na Ribeira Sacra de Pantón

Seguinte Nova

En marcha ata o 17 de decembro a 11ª edición do Outono Gastronómico

Últimas noticias sobre EVENTOS

A %d blogueros les gusta esto: