Crónica del sur de Lugo

Visita institucional á vendima na Ribeira Sacra de Pantón

•A conselleira de Medio Rural achegouse á aldea de Míllara e gabou a recuperación do territorio polo viño

 

Imaxes da visita da conselleira de Medio Rural á adega Míllara, no municipio de Pantón, o día 11. GPXG

• A mediados de setembro, a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, achegouse a Pantón para coñecer in situ os traballos de vendima. A visita centrouse nas instalacións e viñedos da adega Míllara, na que destacou o “importante labor de restauración” levado a cabo polo propietario da firma, Fernando de Santiago, nesta aldea abandonada.
RECUPERACIÓN DE TODA UNHA ALDEA
A adega ten unha superficie de 700 metros cadrados, é de orixe medieval, e a súa restauración, que supuxo a compra e rehabilitación de todas as casas da aldea, respectou os elementos arquitectónicos e materiais propios da zona. Vázquez destacou o exemplo da adega Míllara como “mostra da importancia” do mundo do viño en Galicia, xa que a posta en marcha desta firma “chegou a recuperar todo un pobo”.
Na visita, Vázquez estivo acompañada polo alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, e pola directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias, Belén do Campo.•
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS

Ir a Inicio