Reflexión en Monforte sobre o ferrocarril e a súa proxección gráfica

•A exposición pode verse ata o día 27

Inauguración na Casa da Cultura de Monforte da exposición «El ferrocarril, de la viñeta al cómic», o pasado 15 de setembro. (Foto: MONTERO)
Dende o 15 de setembro, e ata o 27 deste mesmo mes, pode verse na Casa da Cultura de Monforte a exposición «El ferrocarril, de la viñeta al cómic», unha mostra que reúne diversas visións do tren e do mundo do ferrocarril a través da ollada de escritores, xornalistas e humoristas gráficos.
CHARLA CON ESPECIALISTAS E PROFESIONAIS DO HUMOR GRÁFICO
Esta exposición, organizada pola Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER) en colaboración co Concello de Monforte, estivo complementada cunha charla que serviu para realizar unha reflexión colectiva sobre a importancia do mundo do ferrocarril no fenómeno gráfico, e a proxección que o mundo do debuxo e o cómic levou a cabo sobre este elemento de dinamización e progreso social. A charla tivo lugar no Centro do Viño de Monforte, coa participación de José Antonio Fernández Fernández (Fer), historietista e ex director das revistas El Papus e El Jueves; Siro López, escritor e humorista gráfico; Pedro Miguel López Hernández, xornalista e escritor, e ex director da revista Vía Libre; e Alfonso Marco Pérez, historiador e escritor. Os actos contaron coa presenza do alcalde de Monforte, José Tomé.  •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Éxito das actividades de ocio acuático de verán en Pantón

Seguinte Nova

Visita institucional á vendima na Ribeira Sacra de Pantón

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: