Éxito dos Trens Turísticos da Ribeira Sacra

•O outono traerá á provincia a nova ruta “Lugo Romano”

Presentación da tempada de outono dos Trens Turísticos, coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o xerente da Área Comercial e Servizo de Atención ao Cliente de RENFE, Javier Díaz Trisac; e o presidente do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE), Rosendo Fernández. GPXG

A mediados de setembro, tivo lugar a presentación da temporada de outono dos Trens Turísticos de Galicia, que ofrecerá tres novos itinerarios pola nosa Comunidade, un deles na provincia de Lugo. Segundo explicou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o tren “Lugo Romano” contará con dúas saídas dende A Coruña, con achegamentos gratuítos dende Santiago de Compostela, os días 30 de setembro e 28 de outubro. O itinerario incluirá unha visita á Casa dos Mosaicos e ao Centro de Interpretación da Muralla, elemento recoñecido como Patrimonio da Humanidade, ademais de ofrecer unha estancia no Balneario de Lugo.
Castro salientou que, coa nova programación de outono, “por primeira vez as locomotoras non se deteñen co fin do verán”, senón que continúan con “novos destinos e propostas”, tendo como eixos “o turismo urbano e de compras, a cultura e o termalismo”.
Nava Castro fixo un balance da tempada de verán, na que o Tren do Viño da Ribeira Sacra foi un dos dous itinerarios con cheo absoluto, mentres que o Tren Ribeira Sacra-Valdeorras superou o 80% das prazas. A ocupación media do total dos Trens Turísticos foi do 87%.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Esgotadas as 877 prazas dos cursos de novas tecnoloxías para maiores da TIC

Seguinte Nova

Investimento de 230.000 euros na mellora da Ponte das Bernardas en Ferreira

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: