Crónica del sur de Lugo

40.000 euros da Xunta para mellorar o Auditorio Municipal de Escairón

O alcalde do Saviñao, Joaquín González, e o tenente de alcalde, Juan Carlos Armesto, recibiron en Escairón ao conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, a finais de agosto. GPXG

• O pasado 29 de agosto, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, achegouse a Escairón para asinar un convenio de colaboración co alcalde do Saviñao, Joaquín González, para a mellora do Auditorio deste municipio. O convenio, por importe de 40.000 euros, servirá para financiar os traballos de mantemento e reparación de paramentos e mobiliario que presentan deterioro, co obxectivo de facilitar o uso das instalacións e a axeitada realización de actividades neste espazo. Pola súa banda, o Concello encargarase da tramitación e execución das obras.
Segundo explicou o conselleiro, o Auditorio Municipal de Escairón é un equipamento cultural de alta demanda, nun concello de preto de 4.000 habitantes, e que acolle todo tipo de actividades ao longo do ano. A iniciativa da Xunta forma parte das liñas de actuación de Cultura para garantir unhas instalacións de calidade e o acceso á cultura en igualdade de condicións.•

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir a Inicio