O Concello completará unha mellora integral do barrio da Florida co arranxo de dúas rúas

•Tomé: «Xa son historia as fochancas permanentes que había na Florida aos lados da vía do tren»

O alcalde de Monforte, José Tomé, e o concelleiro de Servizos, José Luis Losada, na presentación do proxecto para as rúas Alexandre Bóveda e Eduardo Pondal, o 30 de agosto. GPCM
• O alcalde de Monforte, José Tomé, anunciou a finais de agosto que o Concello vai completar a reforma integral do barrio da Florida, co arranxo, nos vindeiros meses, do firme das rúas Alexandre Bóveda e Eduardo Pondal.
Segundo explicou o rexedor local na rolda de prensa, na que estivo acompañado polo concelleiro de Servizos, José Luis Losada, os traballos realizaranse nunha superficie total de 5.625 metros cadrados, reparando o firme con aglomerado en quente, e incorporando unha nova sinalización horizontal, «algo que ata o de agora non existía», precisou Tomé.
AS OBRAS EXECUTARANSE NO MES DE OUTUBRO
O alcalde explicou que estas actuacións suporán unha mellora integral do barrio da Florida, logo de ter renovado o firme nas rúas Calvo Sotelo, Real, Valle Inclán, Arosa, Benito Vicetto e Malvarón. «Xa son historia as fochancas permanentes que había na Florida a ambos lados da vía do ferrocarril», suliñou.
O Concello prevé completar a tramitación en setembro, para executar as obras en outubro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Nova ruta gastronómica de fin de semana nos concellos do Camiño Francés

Seguinte Nova

40.000 euros da Xunta para mellorar o Auditorio Municipal de Escairón

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: