Crónica del sur de Lugo

Nova ruta gastronómica de fin de semana nos concellos do Camiño Francés

• Turismo de Galicia vén de asinar un convenio coa Mancomunidade do Camiño Francés por 287.000 euros

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asinou o convenio co presidente da Mancomunidade, Juan Serrano, o 25 de agosto, en presenza dos alcaldes e representantes dos Concellos do Camiño Francés. GPXG
• O principal itinerario xacobeo contará este outono cun atractivo máis para coñecer e disfrutar dos territorios polos que discorre. Turismo de Galicia vén de asinar un convenio de colaboración coa Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, por importe de 287.000 euros, para impulsar unha ruta gastronómica nos 11 municipios que integran esta entidade.
A GASTRONOMÍA, O SEGUNDO MOTIVO QUE ATRAE AOS TURISTAS A GALICIA
Segundo explicou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, na sinatura do convenio, celebrada en Portomarín o pasado 25 de agosto, a ruta desenvolverase en forma de xornadas gastronómicas, que se van celebrar nas fins de semana de outubro a xaneiro. Os protagonistas dos menús serán os produtos locais, co que se pretende dar impulso á economía de cada un dos once municipios polos que pasa o Camiño Francés en Galicia. “Unimos o Camiño de Santiago, o noso embaixador no mundo, coa nosa gastronomía, a segunda motivación pola que os turistas elixen visitar Galicia”, precisou Nava Castro. Entre os produtos da ruta, estarán o cocido, a carne de porco, o pan artesán, o polbo ou os embutidos.
O convenio asinado coa Mancomunidade terá vixencia ata 2020. Boa parte destes 287.000 euros irán destinados á ruta gastronómica, pero tamén inclúe dúas actuacións para o mantemento do Camiño e para a xestión e mellora deste trazado xacobeo. •
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio