Crónica del sur de Lugo

Formación en foto dixital, exposicións e un concurso no Outono Fotográfico de Chantada

Imaxe de arquivo da exposición cos traballos do Concurso Fotográfico 2016, na Casa da Xuventude de Chantada.
Arquivo EC
• O 21 de setembro, comezaron as actividades do Outono Fotográfico 2017, organizadas pola Casa da Xuventude de Chantada.
CURSO DE FOTOGRAFÍA, EXPOSICIÓNS E CONCURSO
A axenda de eventos estructúrase en torno a tres exposicións sucesivas, as dúas primeiras adicadas ao traballo das fotógrafas Luisa Lorenzo e Tamara Lebón, e a terceira reservada aos participantes no Concurso Fotográfico que organiza a Casa da Xuventude.  Ademais, en outubro comezará un curso de fotografía dixital con Photoshop, impartido por Lucía Cereijo Fernández, que rematará a finais de decembro.
Do 21 de setembro ao 20 de outubro, pode visitarse a primeira das exposicións, “Festas de Galicia”, asinada por Luisa Lorenzo Álvarez, e o día 23, tomará o relevo a mostra “Segundas Oportunidades”, de Tamara Lebón Sánchez, ata o 22 de novembro. A última das exposicións recollerá os traballos realizados polos participantes no Concurso integrado na programación do Outono Fotográfico 2017.
BASES DO CONCURSO FOTOGRÁFICO
O Concurso que organiza a Casa da Xuventude está aberto a calquer persoa que queira participar, con traballos inéditos e orixinais, tanto en branco e negro como en cor. Cada concursante poderá presentar entre dúas e catro fotos.
Os traballos, cun tamaño mínimo de 18 x 24, terán tema libre, aínda que haberá un premio especial para a mellor fotografía sobre os libros e a lectura.
O prazo de presentación remata o 22 de novembro. Os traballos deberán presentarse  en sobre pechado baixo lema, incluindo plica co nome, apelidos, domicilio, teléfono e enderezo electrónico do autor. Os envíos deberán destinarse ao Espazo Xove de Chantada, no número 1 da rúa Rosalía de Castro da capitalidade municipal, incluindo a referencia “Outono Fotográfico”. Haberá tres galardóns, máis un trofeo para o premio especial.•
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio