A Deputación aporta 655.000 euros para o novo saneamento de Monforte

•Asinado un convenio entre o organismo provincial, o Concello e a Confederación Hidrográfica

A sinatura do convenio para a nova dotación de saneamento de Monforte tivo lugar o 20 de setembro. GPDL

• O pasado 20 de setembro, formalizouse a sinatura do convenio de colaboración entre a Deputación de Lugo, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Concello de Monforte, para a dotación dunha nova rede de saneamento en cinco rúas da cidade do Cabe. O convenio, por importe de 1,4 millóns de euros, conta cunha achega de 500.000 euros da Deputación, outros 500.000 aportados pola Confederación Hidrográfica, e os restantes 400.000 corresponden ao Concello. Ademais deste investimento, a Deputación de Lugo achega 155.000 euros máis para realizar melloras na rede da contorna da rúa de San Pedro.
O convenio vai financiar a dotación dunha nova rede de saneamento nas rúas Santa Clara, A Veiga, Chantada, Juan Montes e Padre Feijóo. O presidente da Deputación, Darío Campos, salientou a colaboración deste organismo  “para solucionar os problemas dos cidadáns e que o Concello poida mellorar os servizos”. Pola súa banda, o presidente da Confederación, Francisco Marín, destacou que estes traballos van mellorar a calidade da auga na cidade, e que a achega deste organismo se corresponde coas multas impostas ao Concello nos últimos anos, revertindo estes fondos no municipio. Pola súa banda, o alcalde de Monforte, José Tomé, explicou que as obras van eliminar as infiltracións incontroladas de auga na rede, facendo máis eficiente o servizo. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Ribeira Sacra do Miño, na ollada de Esther Laudo nunha exposición en Chantada

Seguinte Nova

Formación en foto dixital, exposicións e un concurso no Outono Fotográfico de Chantada

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: