Crónica del sur de Lugo

A Ribeira Sacra do Miño, na ollada de Esther Laudo nunha exposición en Chantada

Ata o 30 de setembro pode verse na Casa da Cultura de Chantada a exposición fotográfica de Esther Laudo.
EC

• A Casa da Cultura de Chantada está a acoller, ata o 30 de setembro, a exposición “Porque me duele si me quedo, pero me muero si me voy”, asinada por Esther Laudo. Esta mostra, que reúne unha vintena de imaxes, amosa a visión da Ribeira Sacra do Miño a través da mirada desta fotógrafa catalana.


Laudo describe a súa fascinación por estas paisaxes na primeira visita que realizou á Ribeira Sacra. No texto que acompaña á exposición, describe o “desbordamento interno provocado pola beleza desproporcionada de aquelas montañas” que ve nunha viaxe en barca polo Miño.
Este sentimento foi o que lle moveu a voltar ata en cinco ocasións máis, e captar as paisaxes e as historias, nas que se funden camiños e pasos, detalles que foi captando ao contacto coas xentes da Ribeira do Miño. Esta empatía levouna a recordar as viaxes do seu avó, que tamén, como tantos galegos, marchou un día á Arxentina.
Historias de nostalxias e de afectos, que agora narra en imaxes a través da “descomunal beleza” desta terra.•

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio