Crónica del sur de Lugo

O FC Quiroga aproveitou os torneos de verán para preparar a tempada

O FC Quiroga iniciou os traballos de pretempada a comezos do mes de agosto. (Foto: A.N.)

• Logo dun merecido descanso, o FC Quiroga voltou ao traballo a comezos de agosto, con actividades preparatorias de cara á nova tempada en Terceira Autonómica.
Coa vista posta na competición oficial, o Quiroga enfrontouse en dous amistosos ao Club Lemos, con resultado de 3-0 para os monfortinos, e ao Viana, que se adxudicou o III Trofeo Tourgalia das Festas de Quiroga por 3-2.

Imaxe do amistoso entre o FC Quiroga e o Club Lemos, disputado o 4 de agosto. (Foto: A.N.)

 

Os Veteráns do Quiroga disputaron dous torneos amigables no mes de agosto. (Foto: A.N.)

O traballo tamén comezou para o equipo xuvenil, que competirá no grupo sur da Liga lucense a partir do 16 de setembro.
O verán rexistrou ademais o reencontro dos veteráns do Quiroga, que xogaron un amistoso contra o Monforte, rematando en empate a un gol, e fronte ao CD Rúa no Trofeo das Festas de Quiroga, que gañaron os visitantes na tanda de penaltis.•

 

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio