Crónica del sur de Lugo

Sinalización táctil nos albergues públicos do Camiño de Santiago

•Turismo de Galicia leva instalados máis de 1.600 placas e atrís, destinados a peregrinos con discapacidade visual

O xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, no albergue de Ribadiso para supervisar a nova sinalización táctil na rede de albergues públicos. GPXG
• O Plan de Accesibilidade Turística e do Camiño de Santiago, presentado no mes de xullo, vén de completar un novo paso na súa implantación. A mediados de agosto, quedaban instalados máis de 1.600 placas e atrís con sinalización táctil, para orientar aos peregrinos con discapacidade visual total ou parcial que utilicen a rede pública de albergues xestionada polo Xacobeo.
INSTALADOS EN TODAS AS ESTANCIAS DOS ALBERGUES PÚBLICOS
Segundo explicou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, na súa visita ao albergue público de Ribadiso, en Arzúa, estes novos elementos informativos dispoñen de altorrelevos, braille e pictogramas, de xeito que cada peregrino poida guiarse con independencia tanto dentro como fóra dos albergues. Estes elementos foron instalados en todas as estancias que compoñen os albergues, tanto en zonas comúns como nos espazos de traballo ou de descanso.
SINALIZACIÓN ÚTIL TAMÉN PARA OUTROS COLECTIVOS
A rotulación, segundo explicou Castro, baséase na normativa oficial e nas pautas dos manuais de referencia da ONCE. Estes elementos, instalados por persoal especializado en accesibilidade, pode ser de utilidade tamén para persoas maiores, estranxeiros, nenos ou persoas con discapacidades cognitivas.
Segundo precisou Castro, o Plan de Accesibilidade pretende convertir a Galicia nun referente de turismo inclusivo a nivel internacional.”O traballo para unha acollida sen barreiras no Camiño de Santiago xa está en marcha”, explicou Nava Castro. A responsable de Turismo da Xunta confiou en que estas medidas “servirán de estímulo” para convertir a ruta xacobea “nunha experiencia o máis inclusiva posible”. •
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio