300 obras de 70 autores na VIII Edición de Artistas e Artesáns da Comarca de Sarria no Camiño

Presentación en Lugo da VIII Edición de Artistas e Artesáns da Comarca de Sarria no Camiño, que se pode ver ata o 22 de outubro na antiga Prisión Comarcal de Sarria. GPDL

•A antiga Prisión Comarcal de Sarria acolle, dende o 9 de setembro ata o 22 de outubro, a oitava Edición de Artistas e Artesáns da Comarca de Sarria no Camiño. Esta mostra, que inclúe 300 obras de 70 autores, conta este ano coa colaboración da Asociación Camino Shikoku Henko de Xapón, cun apartado específico para amosar traballos deste colectivo, como fotografías ou maquetas de templos.
A Deputación de Lugo colabora con esta exposición, dentro das accións do Plan Estratéxico de Turismo do organismo provincial.
A exposición pode verse en horario de 17 a 20 horas, todos os días da semana.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Pepe Carriola completou o seu traballo de divulgación sobre o románico do sur lucense

Seguinte Nova

Lugo absorbe preto da metade do importe das axudas da PAC en Galicia

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: