Pepe Carriola completou o seu traballo de divulgación sobre o románico do sur lucense

José Losada «Carriola» durante a súa intervención no Círculo Saviñao, o pasado 12 de agosto. (Foto: CS)
Socios, veciños e amigos achegáronse ao Círculo Saviñao de Escairón para a presentación do traballo recopilador asinado por Pepe Carriola. (Foto: CS)

•O pasado 12 de agosto, o Círculo Saviñao acolleu un dos actos culturais da súa axenda de verán. O evento resultou especialmente significativo, xa que supuxo o broche de ouro da traxectoria divulgadora do veciño José Losada «Carriola». Baixo o título «El proyecto de una utopía: Fiesta, románico, imágenes…», Carriola asinou un audiovisual recopilatorio da súa labor divulgativa sobre o románico e outros aspectos senlleiros da cultura e da identidade das comarcas de Lemos e Chantada, con especial atención ao municipio de O Saviñao. A súa tarefa deu como resultado media ducia de audiovisuais monográficos en torno a ao románico de Pantón, Saviñao, Sober e Chantada, e ás igrexas de Pesqueiras e Nogueira.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Chantada volcouse para celebrar e reivindicar o Folión de Carros

Seguinte Nova

300 obras de 70 autores na VIII Edición de Artistas e Artesáns da Comarca de Sarria no Camiño

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: