A Deputación de Lugo financia a construción da piscina de Bóveda

A Deputación de Lugo aprobou na súa última xunta de goberno do anterior mandato 32 novas actuacións a realizar en 17 concellos da provincia, un deles o de Bóveda, que suman un orzamento de case cinco millóns de euros. Deste xeito, o vicepresidente primeiro en funcións da institución, Antón Bao, explicou trala xuntanza que, entre outras infraestruturas deportivas, a xunta de goberno acordou investir 351.000 euros na construción dunha piscina no concello de Bóveda. A inversión farase en dúas anualidades. Por outra banda, aparte do municipio de Bóveda, o organismo provincial tamén destinou 150.000 eruos para a reforma da pista e das instalacións térmicas do pavillón de Monforte de Lemos. Finalmente, é de destacar que nesta área tamén se aprobaron máis de 150 becas que suman un total de 70.000 euros para deportistas individuais.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Axudas de Medio Rural á gandeiría

Seguinte Nova

San Antón: orixes e actualidade da festa deste emblemático barrio monfortino

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: