Crónica del sur de Lugo

En marcha unha nova edición do Viñobús Vendima

•Esta iniciativa do Consorcio de Turismo desenvólvese ata o 24 de setembro •Organízanse dúas saídas diarias durante as fins de semana

Imaxe de arquivo dunha edición anterior do Viñobús Vendima, que ofrece a posibilidade de participar nas tarefas vitivinícolas. Arquivo CTRS
•Dende o 9 ao 24 de setembro, o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra pon en marcha unha nova edición do programa Viñobús Especial Vendima, na que participan un total de 12 adegas da Denominación de Orixe.
UNHA DAS ACTIVIDADES CON MÁIS ÉXITO DO CONSORCIO
Segundo explicaron os responsables do Consorcio, esta actividade é unha das máis exitosas da programación anual, con gran afluencia de público e alta satisfacción dos participantes, polo que, ano tras ano, os organizadores tratan de habilitar máis prazas para dar resposta á demanda. Pero as características da actividade, vinculada á influenza da meteoroloxía nas datas previas á colleita da uva, complican a organización das visitas. Ademais, resulta complicado aumentar o número de participantes por quenda, ata agora cun límite de 12 por grupo, xa que a maioría das adegas, de carácter familiar, amosan limitacións de espazo para acoller aos visitantes. A este factor hai que engadir os requisitos de seguridade e vixiancia do tránsito nos viñedos, necesarios tanto para os visitantes como para os traballadores.
Unha xornada do Viñobús Vendima iníciase coa saída ás 10,30 horas, dende o Parque dos Condes de Monforte, nun microbús que leva ao grupo ata os viñedos, para coñecer in situ as características das uvas, a terra e as cepas, a través das explicacións dos guías. Os participantes poderán axudar na recollida da uva, e no seu traslado á adegas. Xa nestas instalacións, explicarase o procedo de elaboración do viño, e os visitantes realizarán o pisado artesanal para obter o seu propio viño, que será atendido por enólogos dende o primeiro momento. Unha vez completado o proceso, os participantes poderán recibir este viño no seu domicilio, asumindo os gastos do porte.
O prezo é de 15 euros por persoa, de 10 euros para nenos de 4 a 12 anos, e gratis para os menores. A tarifa inclúe traslado dende o punto de encontro, xantar na adega e guía acompañante. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio