Crónica del sur de Lugo

Completada en Sober a instalación do menhir Marco da Pedra Longa

•A peza, datada no Neolítico, pode verse no Centro de Recepción de Visitantes de Sober

O alcalde, Luis Fernández Guitián; o arqueólogo Iván Álvarez Merayo, e os restauradores Pepe Barxa e Santiago Cobelo, na colocación do menhir no Centro de Recepción de Visitantes, o pasado 21 de xullo. GPCS

• Dende finais do mes de xullo, xa pode verse en Sober o menhir coñecido como Marco da Pedra Longa, unha peza de orixe neolítica que foi atopada polo arqueólogo Iván Álvarez Merayo durante as tarefas de control nas obras da liña ferroviaria entre Monforte e Canabal. O menhir está exposto no Centro de Recepción de Visitantes de Sober, logo do seu traslado dende o patio do Museo Provincial de Lugo. A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta autorizou este novo emprazamento por reunir as condicións para a súa conservación, e por localizarse máis preto do seu punto de orixe, a parroquia soberina de Canabal. En concreto, o menhir foi atopado por Álvarez Merayo caído contra unha canle de regadío no lugar da Veiga, e o propietario da parcela confirmou que sempre estivo alí, fincada a poucos metros.
O Centro de Recepción de Visitantes de Sober e oficina de Turismo está aberto de martes a sábado, de 9,30 a 14 horas, e de 16 a 18,30, e en horario de mañá os domingos.•

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio