Máis dunha vintena de expositores na XIX Mostra de Artesanía Artelemos

•Obradoiros infantís e demostracións en vivo dos oficios artesanais enchen a Feira do 4 ao 8 de agosto

Imaxe da inauguración da Mostra Artelemos. GPCM
• A rúa do Cardeal de Monforte acolle, do 4 ao 8 de agosto, a XIX Mostra de Artesanía Artelemos. Un total de 22 stands amosan ao público as creacións doutros tantos artesáns, nun espazo no que tamén se van desenvolver demostracións en directo da elaboración de pezas, así como obradoiros destinados aos más pequenos.
VARIEDADE DE PEZAS ELABORADAS CON DIVERSAS TÉCNICAS E MATERIAIS
Segundo explicou o alcalde de Monforte, José Tomé, na presentación de Artelemos, a Mostra contará cunha ampla representación das máis diversas técnicas artesanais. «O público poderá adquirir produtos de orfebrería, cestería, coiro, lá, olería de Gundivós e cerámica», precisou. O rexedor local apuntou que os stands van estar abertos ao público dende as once ata as dúas, pola mañá, e de novo pola tarde, dende as seis ata as once da noite.
POSTA EN VALOR DO LABOR DOS ARTESÁNS DA RIBEIRA SACRA
O alcalde explicou que o Concello quere «apostar polo aproveitamento dos recursos do territorio» con eventos como Artelemos. A mostra recoñece así o traballo «dos nosos artesáns que, coa súa labor do feito á man, enriquecen e dan un valor moi fermoso e engadido á cultura e tradición da Ribeira Sacra».
A OLERÍA DE GUNDIVÓS PROTAGONIZA A XORNADA INAUGURAL
A XIX Mostra de Artesanía Artelemos inicia a súa andadura cunha demostración de olería de Gundivós a cargo de Elías González Prieto, na xornada inaugural o venres 4 de agosto, cunha sesión dobre en horario de mañá e tarde.
A olería voltará a protagonizar a xornada do sábado 5, esta vez da man da artesá Inmaculada Díaz.
XUNTANZA DE PALILLEIRAS O DOMINGO
O domingo día 6, a Mostra acollerá unha xuntanza de palilleiras, ademais dunha exposición dos seus traballos na rúa do Cardeal.
OBRADOIROS INFANTÍS DE OLERÍA E COIRO O LUNS E O MARTES
Xa o luns, os máis cativos poderán achegarse aos segredos da olería, no obradoiro que vai impartir, dende as doce e pola tarde ás sete, a artesá Otilia Arias García. A demostración desta xornada estará a cargo do artesán Tomás López González, que elaborará en directo pezas de olería de Gundivós a partir das doce. O martes tamén haberá obradoiro infantil, con dúas sesións ás doce e ás sete, guiadas por Javier de Castro Rodríguez, que amosará aos máis pequenos as principais claves do traballo do coiro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Bóveda celebrou os primeiros 15 anos da Feira Tradicional Outrora de Rubián

Seguinte Nova

Todo listo en Quiroga para disfrutar das Festas do Verán

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: