Bóveda celebrou os primeiros 15 anos da Feira Tradicional Outrora de Rubián

A Feira Tradicional Outrora de Rubián-Bóveda cumpriu 15 anos como un dos eventos etnográficos máis singulares da provincia. EC

O sur de Lugo está a consolidar as súas feiras etnográficas. O 14 de xullo, Bóveda celebrou a décimo quinta edición da Feira Tradicional Outrora de Rubián, que aproveita a cita da feira do mes para lembrar o espíritu dos eventos comerciais e sociais de finais do século XIX  e comezos do XX.

Na presentación oficial da XV Feira Outrora participaron o alcalde da localidade, José Manuel Arias; a deputada de Promoción Económica, Sonsoles López; e o delegado da Xunta, José Manuel Balseiro. A Deputación colaborou coa Feira cunha achega de 6.000 euros, unha demostración de forxa e unha actuación musical. GPDL
Os máis variados oficios tradicionais estiveron presentes, con demostracións ao longo da xornada. EC

O grupo infantil de Danza Tradicional do Concello de Bóveda ofreceu unha actuación na contorna da Feira, logo da sesión musical a cargo da Banda de Gaitas Municipal. EC
Na Feira, tivo lugar a III Concentración-Exhibición de Vehículos Antigos. EC

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Reivindicación histórica e festa popular na IV Feira Medieval Guímara

Seguinte Nova

Máis dunha vintena de expositores na XIX Mostra de Artesanía Artelemos

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: