Crónica del sur de Lugo

Reivindicación histórica e festa popular na IV Feira Medieval Guímara

•A Pobra do Brollón festexou, por cuarto ano consecutivo, a revolta protagonizada polas xentes guímaras fronte aos abusos do Conde de Lemos

O pregón da Feira Guímara sempre está a cargo dun natural da Pobra do Brollón. Na cuarta edición, o veciño José Morillo lembrou aos presentes o valor histórico da revolta guímara, destacando a importancia da Pobra como próspero cruce de camiños e a súa entidade independente do poder do Conde de Lemos. (Foto: MONTERO).

Os artesáns presentes na IV Feira Medieval Guímara ofreceron os seus produtos á venda, ademais de amosar en directo as súas técnicas de traballo. EC
Unha nova xeración de guímaros plantou cara ao Conde de Lemos na recreación da revolta, un dos actos máis singulares desta Feira. EC
A edición deste ano aportou un atractivo gastronómico, co xantar de año ao espeto, previo encargo, no Campo da Feira da Pobra. (Foto: MONTERO).
Un grupo de viquingos visitou o Campo da Feira da Pobra do Brollón, o sábado 8 de xullo, con motivo da IV Feira Medieval Guímara. EC
Os guímaros, armados co seu espíritu de liberdade e blandindo as súas ferramentas agrícolas, defenden a súa dignidade fronte aos abusos do Conde de Lemos. EC

Os líderes das dúas formacións manteñen unha dura diatriba verbal, cargada de ameazas do Conde e respostada coa fortaleza e audacia dos guímaros. EC
A solución ao conflito resólvese cunha loita corpo a corpo, entre os soldados do Conde de Lemos e os homes, mulleres e nenos do pobo guímaro. A dramatización da revolta dá a vitoria aos locais, como merecido galardón ao espíritu dun pobo. Os visitantes que acuden á cuarta edición da Feira Guímara disfrutaron con este evento, protagonizado polos propios veciños e veciñas da Pobra do Brollón. EC.

 

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio