Gran participación nos eventos deportivos estivais de Quiroga

•O II Night Trail congregou a 320 participantes •Máis de 90 futbolistas déronse cita na segunda edición do Torneo Val de Quiroga de fútbol sala feminino

As xogadoras do FSF Quiroga proclamáronse subcampionas do II Torneo Val de Quiroga de fútbol sala, o 8 e 9 de xullo. (F. cedida).
A noite do sábado 8 de xullo encheuse de animación en Quiroga coa celebración do II Night Trail, con 320 participantes nas tres modalidades. (Foto cedida).

• A fin de semana do 8 e 9 de xullo en Quiroga estivo protagonizada polo deporte. O sábado á noite celebrouse con gran éxito de público o II Night Trail, no que participaron 320 persoas nas tres modalidades. Entre os gañadores, cabe destacar os premios aos mellores locais, que corresponderon a Juan Luis Aguado e Mónica Rodríguez en 25 km, Manuel López e María Rodríguez en 17 km, e José Manuel Ortega “Chufi” e Aura Pacheco en 10 km.
O sábado e o domingo celebrouse tamén o II Torneo Val de Quiroga de fútbol sala feminino, no que participaron 90 xogadoras de 9 equipos. O campión foi o Recreativo de Juerga, e as locais FSF Quiroga foron subcampionas. O premio á mellor porteira correspondeu a Jessica Ferreiro, do Rábade Futsal Feminino, e a local Alba Rodríguez foi distinguida como a xogadora “crack” desta edición.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Quiroga, unha das citas do verán nos Campos Internacionais de Traballo da Xunta

Seguinte Nova

Reivindicación histórica e festa popular na IV Feira Medieval Guímara

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: