O sur de Lugo volveu a acoller a única proba en España do circuíto LET Access Series

•A británica Emma Goddard gañou o V Ribeira Sacra Patrimonio de la Humanidad International Ladies Open, celebrado nas instalacións de golf de Augas Santas

Recepción no Concello de Monforte das xogadoras participantes, o 12 de xullo. (Foto: Isabel Trillo).
A xogadora británica Emma Goddard, gañadora do V Ribeira Sacra Patrimonio de la Humanidad International Ladies Open. (Foto: Isabel Trillo).

• Do 12 ao 14 de xullo, as instalacións do OCA Augas Santas Golf & Resort acolleron o V Ribeira Sacra Patrimonio de la Humanidad International Ladies Open, a única proba en España clasificatoria do circuíto femenino profesional LET Access Series.
108 xogadoras procedentes de 22 países participaron na recepción ofrecida no Concello de Monforte.
Este ano, o triunfo foise para Gran Bretaña, da man da xogadora Emma Goddard, que firmou en Pantón a súa primeira vitoria profesional. A británica gañou no desempate final diante da afeccionada francesa Salome Zasio, que foi distinguida como a mellor amateur da proba. Pola súa banda, Silvia Bañón foi a mellor española clasificada, ao lograr a terceira posición.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sober estrea este verán un observatorio ornitolóxico no Canón do Sil

Seguinte Nova

Animación e espectáculo no Concurso Hípico de Saltos de Sarria

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: