Aprobado o programa Lugo Termal 2017, que ofrecerá 600 prazas con descontos en tratamentos de balneario

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, na rolda de prensa trala aprobación do Lugo Termal 2017, a mediados de xullo. GPDL

A Deputación de Lugo deu luz verde a unha nova edición do programa Lugo Termal, destinado a lucenses maiores de 55 anos, para que poidan beneficiarse de descontos na oferta de turismo termal da nosa provincia. O organismo provincial financia con 36.300 euros este programa, «que esperta gran interese entre os maiores», segundo explicou o presidente da Deputación, Darío Campos Conde, logo da Xunta de Goberno na que se aprobou o Lugo Termal 2017, o pasado 7 de xullo.
O prazo para solicitar praza abrirase, previsiblemente, no mes de setembro, e o programa estará en marcha no último trimestre do ano. Como en anos anteriores, o Lugo Termal ofrece descontos de máis de 60 euros en tratamentos mineromedicinais en balnearios da provincia, con estancia ou en réxime externo. Cada paquete con estancia inclúe 6 días con 5 noites, entre domingo e venres, 5 pensións completas e 8 técnicas de balneario, así como un recoñecemento médico á entrada. Os usuarios beneficiaranse tamén dun programa de animación sociocultural de luns a xoves.
O programa ofrece atención especial a persoas con mobilidade reducida, e accións específicas para persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial. Os usuarios poderán acudir cun acompañante, que deberá estar empadroado na provincia de Lugo. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A deputada Julia Rodríguez agradeceu ao conselleiro de Sanidade a colaboración coa Asociación Albores

Seguinte Nova

Sober celebrou o XIII Festival de Bandas cunha homenaxe a Amador Álvarez Rodríguez

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: