A deputada autonómica do Partido Popular participou na reunión de traballo que mantivo o conselleiro, Jesús Vázquez Almuíña, e os responsables da Asociación Albores, o pasado 18 de xullo. Este colectivo sen ánimo de lucro, constituído en 1999 para a atención ás persoas con enfermidades mentais do sur de Lugo, presta atención no Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Monforte e de Chantada, que inclúen 25 e 15 prazas concertadas, respectivamente. Dende Albores transmitiron ao conselleiro a necesidade de aumentar o número destas prazas, e a dotación económica das xa existentes, para dar unha atención máis completa. Ademais, amosaron interese por abrir pequenas delegacións no eido rural, para achegar este servizo ás persoas que vivan en zonas máis illadas. A Asociación tamén demandou, entre outros recursos, a posiblidade de contar cun piso protexido máis, así como crear unha unidade residencial, ou aumentar as vías de integración mediante o emprego.
Pola súa banda, o conselleiro agradeceu o traballo que está a facer Albores no sur lucense, e comprometeuse a estudar estas demandas. •
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
A Asociación Veciñal do Saviñao, representada pola súa Presidenta Celia Ferreiro Riazor, solicitou á Alcaldía un
A Asociación Cosmética Galega (ACG) comeza o seu camiño co impulso de vinte e dúas empresas
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un