Crónica del sur de Lugo

O IES Daviña Rey de Monforte oferta o vindeiro curso un novo ciclo de grao superior en Educación Infantil

O director do IES Daviña Rey, Isaac González, recibiu ao delegado da Xunta en Lugo na súa visita ao centro, o pasado 27 de xuño. GPDTL
• A Xunta vén de incrementar a oferta educativa no sur de Lugo para o curso que vén.
EDUCACIÓN INFANTIL, UNHA TITULACIÓN MOI VALORADA NO MERCADO
O IES Daviña Rey de Monforte ofrecerá a partir do curso 2017-2018 un novo ciclo de grao superior en Educación Infantil, unha especialidade moi demandada que outorga unha titulación moi valorada no mercado laboral. Así o explicou o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, na visita que realizou o 27 de xuño ao IES Daviña Rey, acompañado polo director do centro, Isaac González, e membros do equipo directivo. Na visita participaron o alcalde de Monforte, José Tomé, e a portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular, Julia Rodríguez.
Balseiro destacou que o centro monfortino manterá toda a programación que xa ofrece, que inclúe a Educación Secundaria Obrigatoria, os Bacharelatos de Ciencia e Tecnoloxía, e de Humanidades e Ciencias Sociais, así como oito ciclos de Formación Profesional e o ciclo Básico de Electricidade e Mantemento de Vehículos.•
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre EDUCACION

Ir a Inicio