O Concello de Monforte proxecta un novo sistema para evitar verquidos en Aceña Nova

O alcalde e o concelleiro de Servizos presentaron o proxecto do novo pozo de bombeo de Aceña Nova o 3 de xullo. GPCM
• O Goberno local de Monforte presentou un proxecto para eliminar un punto de verquido no río Cabe á altura de Aceña Nova.
PUNTO DE CONTAMINACIÓN
Segundo explicaron o alcalde, José Tomé, e o concelleiro de Servizos, José Luis Losada, instalarase un novo pozo de bombeo para impulsar as augas residuais cara o colector xeral de Carude, o que suporá a eliminación dunha fosa séptica entre Aceña Nova e o Cabe. «O aumento de poboación na zona con ocupación de novas vivendas agravaría o problema se non lle poñemos remedio», subliñou Tomé, en referencia a este «episodio de contaminación que vén dende hai moitos anos». O rexedor apuntou que esta actuación forma parte do Plan de Redución de Verquidos que puxo en marcha o seu equipo de Goberno.
O alcalde precisou que o proxecto tamén inclúe as actuacións precisas para incorporar as instalacións eléctricas, así como toda a obra civil que implica a colocación do pozo prefabricado e a tubaxe de bombeo.
O Goberno local destina 66.617,68 euros a esta obra, que xa conta cos permisos da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Segundo explicou o alcalde, os traballos licitaranse conxuntamente coas obras de saneamento da contorna da rúa de San Pedro, Valle Inclán e Calvo Sotelo. A previsión é que estas obras estean adxudicadas en setembro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

En marcha os XII Xogos do Eixo Atlántico

Seguinte Nova

Convenio para aproveitar 300 hectáreas abandoadas na comarca de Lemos

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: