Educación abrirá en setembro unha sección de Inglés da Escola de Idiomas en Chantada

O IES Lama das Quendas será a sede en Chantada da nova sección de Inglés da Escola Oficial de Idiomas. Arquivo EC
• Chantada contará cunha nova oferta educativa dende setembro. O 1 de xullo, a Consellería de Educación anunciou que no curso 2017-2018 entrará en funcionamento unha sección de Inglés da Escola Oficial de Idiomas, que ofrece inicialmente un total de 90 prazas para tres grupos, un de nivel básico (A1) e dous de nivel intermedio (B1). A previsión da Consellería é ir implantando de xeito progresivo os restantes niveis nos vindeiros cursos.
A MATRÍCULA SERÁ NA ESCOLA DE IDIOMAS DE MONFORTE
Segundo explicaron dende a Consellería, as clases de Inglés impartiranse nas instalacións do IES Lama das Quendas, aínda que a matrícula deberá formalizarse na Escola Oficial de Idiomas de Monforte, centro ao que está adscrita a nova sección. A preinscrición realizarase on line no mes de xullo, e a matrícula se formalizará en setembro.
RESPONDER Á DEMANDA DA POBOACIÓN E COMPLETAR A FORMACIÓN DOS CICLOS
Os responsables da Consellería de Educación precisaron que a apertura desta sección de Inglés en Chantada busca atender a demanda da poboación interesada na aprendizaxe de idiomas, tanto do propio municipio como da súa comarca. Ademais, a nova sección dará resposta, segundo precisaron dende Educación, ás necesidades de cualificación do alumnado que cursa ciclos formativos, sobre todo o de FP Dual, dado o seu perfil empresarial e competitivo.
Ao mesmo tempo que a de Chantada, a Consellería anunciou a apertura dunha sección en Melide, co que suma un total de 28 en toda Galicia, dependentes das 11 Escolas Oficiais de Idiomas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O comercio chantadino, escaparate dinamizador da axenda cultural

Seguinte Nova

Pantón acollerá a 5ª edición do torneo europeo de golf feminino Ribeira Sacra Patrimonio de la Humanidad

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

A %d blogueros les gusta esto: