O comercio chantadino, escaparate dinamizador da axenda cultural

Presentación do Concurso de Escaparates do Folión de Carros, que se desenvolverá en Chantada este verán. (Foto cedida CCA Ribeira Sacra).
• Ata o 28 de xullo está aberto o prazo para inscribirse no Concurso de Escaparates do Folión de Carros de Chantada, que organiza a Asociación de Empresarios de Chantada -CCA Ribeira Sacra en colaboración coa Asociación Cultural Amigos do Folión.
IMPLICAR AO COMERCIO NA DINAMIZACIÓN CULTURAL DE CHANTADA
Segundo explicaron dende o CCA Ribeira Sacra, a campaña busca ser un novo reclamo para implicar aos establecementos comerciais chantadinos en todas as actividades culturais que se desenvolvan na vila do Asma. Neste caso, os comercios e locais actuarían como puntos de promoción do Folión de Carros para os visitantes que se acheguen a Chantada con motivo das festas do Carmen.
PRAZOS DE INSCRICIÓN E PREMIOS
Os interesados en participar deberán anotarse na Asociación de Empresarios ata o 28 de xullo, e ter montado o seu escaparate do 5 ao 30 de agosto. Para poder participar, ademais da inscrición é preciso ter a condición de asociado á agrupación de Empresarios de Chantada -CCA Ribeira Sacra.
O xurado dará a coñecer aos gañadores o 18 de agosto. Os premios consistirán en tres vales de compra no comercio asociado, por importes de 150, 100 e 50 euros. O día 28 de agosto, con motivo da entrega de premios do Folión de Carros, entregarase o correspondente diploma aos establecementos gañadores do Concurso de Escaparates.
CRITERIOS DE VALORACIÓN
O xurado terá en conta a orixinalidade e innovación da idea que expresa o conxunto do escaparate, así como a vinculación co Folión de Carros no deseño, materiais e montaxe da composición. Así mesmo, valorarase a limpeza, orde e harmonía entre os produtos e as decoracións que amosa cada escaparate. Tamén se terá en conta o emprego de pezas elaboradas artesanalmente na decoración do escaparate.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

As obras da nova depuradora do Porto Seco estarán rematadas neste mes

Seguinte Nova

Educación abrirá en setembro unha sección de Inglés da Escola de Idiomas en Chantada

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: