Aposta pola investigación cultural no XI Certame Condado de Pallares

Ata o 31 de outubro poden presentarse traballos

A presentación do XI Certame Condado de Pallares tivo lugar no Museo Provincial de Lugo, o pasado 14 de xuño. GPDL
• A mediados deste mes, celebrouse no Museo Provincial de Lugo a presentación do XI Certame Condado de Pallares, unha iniciativa organizada pola Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, que ten como obxectivo impulsar a investigación cultural vinculada aos territorios desta antiga xurisdicción histórica.
A COMARCA DE CHANTADA PERTENCEU AO CONDADO DE PALLARES
Ao Certame poderán concurrir traballos de investigación orixinais e inéditos, escritos en lingua galega, sobre temas vinculados a calquer eido da cultura que estean relacionados co ámbito territorial dos municipios de Chantada, Taboada, Carballedo, Guntín e Portomarín. Os traballos, que optarán a un único premio de 3.000 euros, poden presentarse ata o 31 de outubro.
O XI Certame Condado de Pallares conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e da Deputación de Lugo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

As viaxes en globo, un exitoso atractivo para o turismo na Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Ribas de Sil contará cun camping municipal con capacidade para 100 persoas

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: