A Deputación aprobou por unanimidade o Plan Único, cun adianto do 80% dos fondos aos Concellos

O Goberno provincial presentou os detalles do reparto do Plan Único trala súa aprobación unánime no Pleno do 16 de xuño. GPDL
• O Pleno da Deputación de Lugo aprobou por unanimidade o Plan Único para os Concellos, nunha sesión extraordinaria celebrada o pasado 16 de xuño. O Plan Único inviste 23,1 millóns na totalidade dos municipios da provincia, e ten como obxectivo reactivar a economía e mellorar as prestacións públicas, os servizos sociais e o emprego, segundo destacou o presidente, Darío Campos Conde.
ANTICIPOS
O mandatario provincial incorporou ás bases do Plan Único un adianto do 80% dos fondos aos concellos, o que suporá unha inxección inicial de 16 millóns para os municipios a partir do mes de xullo. Segundo explicou o presidente, esta decisión segue a liña de actuación emprendida polo seu equipo de Goberno de cooperar cos Concellos, introducindo anticipos en todas as achegas que realiza o organismo provincial.
PARTIDAS
As partidas do Plan Único organízanse por investimentos, Servizo a Domicilio para persoas non dependentes (SAD), DepuEmprego, turismo, cultura e deportes.•

•O PLAN ÚNICO POR CONCELLOS DO SUR DE LUGO

COMARCA DE LEMOS
BÓVEDA: 232.349 €.
Investimentos: 157.162 €; SAD: 21.699 €; DepuEmprego: 39.487 €; turismo: 6.000 €; cultura: 8.000 €.
MONFORTE: 500.000 €.
Invest.: 333.482 €; SAD: 23.749 €; DepuEmprego: 64.872 €; turismo: 30.000 €; cultura: 39.900 €; deportes: 8.000 €.
PANTÓN: 307.503 €.
Invest.: 201.782 €; SAD: 25.887 €; DepuEmprego: 60.832 €; turismo: 5.000 €; cultura: 7.000 €; deportes: 7.000 €.
A POBRA DO BROLLÓN: 265.802 €.
Invest.: 132.901 €; SAD: 46.196 €; DepuEmprego: 42.539 €; turismo: 4.664 €; cultura: 39.500 €.
•O SAVIÑAO: 349.117 €.
Invest.: 235.021 €; SAD: 45.000 €; DepuEmprego: 61.096 €; cultura: 8.000 €.
SOBER: 300.322 €.
Invest.: 214.321 €; SAD: 27.000 €; DepuEmprego: 54.001 €; turismo: 5.000 €.
COMARCA DE QUIROGA
QUIROGA: 321.800 €.
Invest.: 203.563 €; SAD: 23.062 €; DepuEmprego: 73.174 €; turismo: 5.999 €; cultura: 8.000 €; deporte: 8.000 €.
RIBAS DE SIL: 217.212 €.
Invest.: 156.952 €; SAD: 22.040 €; DepuEmprego: 32.219 €; turismo: 6.000 €.
FOLGOSO: 259.315 €.
Invest.: 177.215 €; SAD: 25.000 €; DepuEmprego: 47.200 €; turismo: 6.000 €; cultura: 3.100 €; deportes: 800 €.
COMARCA DE SARRIA
O INCIO: 274.578 €.
Invest.: 186.648 €; SAD: 24.085 €; DepuEmprego: 41.845 €; turismo: 6.000 €; cultura: 8.000 €; deporte: 8.000 €.
LÁNCARA: 275.701 €.
Invest.: 193.392 €; SAD: 20.000 €; DepuEmprego: 59.309 €; turismo: 3.000 €.
PARADELA: 264.283 €.
Invest.: 192.723 €; SAD: 23.062 €; DepuEmprego: 44.251 €; turismo: 1.200 €; cultura: 3.045 €.
O PÁRAMO: 232.004 €.
Invest.: 154.995 €; SAD: 10.000 €; DepuEmprego: 47.967 €; turismo: 6.000 €; cultura: 8.000 €; deportes: 5.041 €.
SAMOS: 256.914 €.
Invest.: 167.729 €; SAD: 14.820 €; DepuEmprego: 66.118 €; turismo: 6.000 €; cultura: 1.141 €; deporte: 1.111 €.
SARRIA: 500.000 €.
Invest.: 406.600 €; SAD: 9.500 €; DepuEmprego: 65.909 €; turismo: 6.000 €; cultura: 6.000 €; deportes: 5.990 €.
TRIACASTELA:   195.454 €.
Invest.: 135.470 €; SAD: 19.655 €; DepuEmprego: 33.849 €; turismo: 1.000 €; cultura: 2.500 €; deporte: 2.978 €.
COMARCA DE CHANTADA
CARBALLEDO: 293.590 €.
Invest.: 217.693 €; SAD: 24.425 €; DepuEmprego: 51.470 €.
CHANTADA: 420.675 €.
Invest.: 298.675 €; SAD: 30.000 €; DepuEmprego: 70.000 €; turismo: 6.000 €; cultura: 8.000 €; deporte: 8.000 €.
•TABOADA: 300.970 €.
Invest.: 213.454 €; SAD: 24.425 €; DepuEmprego: 49.089 €; turismo: 6.000 €; cultura: 6.799 €; deporte: 1.200 €.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta presentou aos profesionais lucenses a Estratexia do Turismo 2020

Seguinte Nova

As viaxes en globo, un exitoso atractivo para o turismo na Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: