Crónica del sur de Lugo

A Xunta presentou aos profesionais lucenses a Estratexia do Turismo 2020

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, na presentación da Estratexia en Lugo, o 8 de xuño. GPXG
• Acadar os 6 millóns de turistas, traballar da man do sector e apostar por un modelo de turismo sustentable e vinculado á paisaxe son os obxectivos centrais da Estratexia de Turismo 2020 da Xunta de Galicia. Os eixos e o plan de actuacións que compoñen este documento foron presentados en Lugo pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, nun encontro mantido o pasado 8 de xuño cos profesionais do sector turístico lucense.
MÁIS DE 240 MILLÓNS EN 4 ANOS
A directora de Turismo de Galicia precisou que o documento está integrado por 11 liñas estratéxicas, cun investimento global de máis de 240 millóns de euros en 4 anos.
Castro explicou que a meta fixada na Estratexia do Turismo 2020 é mellorar nun millón a actual cifra de visitantes á nosa Comunidade. Dos 6 millóns de turistas que se espera acadar en 2020, un tercio procedería do mercado internacional.
Outra das apostas da Estratexia do Turismo 2020 está no traballo conxunto cos profesionais do sector, para acadar prezos máis competitivos e incrementar a ocupación media hoteleira.
Castro subliñou tamén que a Estratexia aposta por un modelo de turismo “tranquilo, sustentable, competitivo e diferenciado no ámbito global”, ademais de fomentar o uso turístico da paisaxe baixo a fórmula do ecoturismo.•
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio