Juan José Castro Novo, de Salcedo, gañador do VI Concurso de Carteis Feira Outrora de Rubián

De esquerda a dereita, Juan José Castro Novo, gañador do VI Concurso de Carteis Feira Outrora de Rubián; a concelleira de Cultura, Cristina Juiz; e o alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, na presentación do cartel premiado, o 19 de xuño. (C.B.).

A XV Feira Tradicional Outrora de Rubián xa ten cartel anunciador. O deseño que promocionará este singular evento foi realizado por Juan José Castro Novo, veciño da parroquia de Salcedo, de A Pobra do Brollón. A imaxe da XV Feira Tradicional Outrora foi presentada o día 19 polo alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, e a concelleira de Cultura, Cristina Juiz, nun acto ao que tamén asistiu o autor do cartel.
A XV Feira Tradicional Outrora de Rubián, que recrea as feiras galegas de finais do século XIX e comezos do XX, celebrarase ao longo da xornada do vindeiro 14 de xullo.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis de 200 persoas completaron os obradoiros de emprego que a Xunta organizou en Lugo e nos concellos da zona centro

Seguinte Nova

Ata o 3 de setembro pode verse en Lugo a exposición «Maruja Mallo, vinte almas»

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: