Pantón pon en valor o seu patrimonio nas XXX Xornadas da Rota do Románico

•En xuño, haberá sendeirismo e dúas conferencias sobre arte e onomástica •Os actos continuarán en agosto con música e libros

A VI edición da Sinfonía no Mosteiro tivo lugar o domingo 4 de xuño na igrexa do Mosteiro de Ferreira. (F.C.)
• O mes de xuño acolle en Pantón o tramo central das actividades integradas nas XXX Xornadas da Rota do Románico. Logo de disfrutar da música de cámara na VI Edición da Sinfonía no Mosteiro, o pasado día 4, volven as conferencias á axenda cultural de Ferreira.
HISTORIA DOS APELIDOS DE PANTÓN
O Salón de Actos do Concello acolle, o venres 9 de xuño a partir das oito da tarde, o relatorio titulado “Os apelidos das Terras de Pantón”, a cargo de Ana Isabel Boullón Agrelo, profesora titular de Filoloxía Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela.
O seguinte tema estará vinculado á arte local. Os encintados, unha variante de decoración mural da Ribeira Sacra, será tratado por Mar López Sotelo, educadora social e estudiosa de Antropoloxía, na conferencia que se celebrará o venres 16 de xuño ás oito da tarde.
RUTA DE SENDEIRISMO
A natureza e o sendeirismo sempre están presentes no programa das Xornadas, como un elemento primordial da riqueza patrimonial destas terras. O sábado 17 de xuño, desenvolverase unha ruta de sendeirismo polas parroquias de Deade e San Fiz de Cangas, seguindo os motivos artísticos dos encintados e o románico. A saída está prevista para as nove e media da mañá dende a Praza do Concello de Pantón.
A exposición de carteis dos 30 anos das Xornadas da Rota do Románico completa a axenda cultural. A mostra pode verse no segundo andar do Edificio Sociocultural de Ferreira ata finais deste mes.
O programa das Xornadas inclúe dous eventos no verán. O 11 de agosto, actuará na Praza do Concello o grupo The Poet’s Silence, e o 18 presentarase a reedición da obra clásica de Ramón Castro López sobre a parroquia de Vilar de Ortelle e a súa comarca.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

161 lucenses en paro comezaron a traballar dentro do programa Ben Empregado 3

Seguinte Nova

Máis de 200 persoas completaron os obradoiros de emprego que a Xunta organizou en Lugo e nos concellos da zona centro

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: