Crónica del sur de Lugo

161 lucenses en paro comezaron a traballar dentro do programa Ben Empregado 3

•Na zona sur, 24 persoas incorpóranse a 18 empresas e 3 colectivos sen ánimo de lucro, e na comarca de Sarria hai 15 novos traballadores neste programa

O presidente da Deputación recibiu en San Marcos aos 161 lucenses que empezaron a traballar en 145 empresas e colectivos co programa Ben Empregado 3, a finais do mes de maio. GPDL
• Os programas que a Deputación de Lugo ten en marcha para estimular o emprego e a formación entran nunha nova fase de actuación. Estes mes, 161 persoas desempregadas da provincia empezan a traballar en 145 empresas e colectivos sen ánimo de lucro de 51 concellos lucenses, dentro do programa Ben Empregado 3.
UN PROGRAMA MÁIS SOCIAL
A Deputación destina a esta iniciativa 2,5 millóns de euros, financiando a contratación destes traballadores durante un ano, con especial atención a persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión social. A aportación provincial tamén cubre a dotación do equipamento necesario para que as persoas con capacidades diferentes poidan desenvolver o seu traballo. Ademais, o programa incrementa as cláusulas sociais que protexen os dereitos dos traballadores, e a Deputación aumenta o control para garantir o seu cumprimento.
REPARTO XEOGRÁFICO
Por zonas, na comarca de Sarria son 15 as persoas que empezarán a traballar dentro do Ben Empregado 3, nos municipios de Sarria, O Incio, Láncara e Triacastela. Na zona sur, 24 desempregados comezan a traballar en 18 empresas e 3 colectivos, nos municipios de Bóveda, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao, Sober e Taboada.
Pola súa banda, A Montaña incorpora 14 novos traballadores, A Ulloa 3, e A Mariña 29, rexistrándose 76 beneficiarios na zona Centro.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre EDUCACION

Ir a Inicio